NADAL 2022

O mes de decembro estivo cheo de actividades para os máis peques da escola, houbo moito traballo pero tamén diversión e tempo de lecer. 

No video veredes algunhas das cousas que fixemos, nun Nadal onde retornaron os encontros co festival de Nadal ou a tradicional chocolatada organizada pola ANPA da escola. 

Fixemos un fermoso poboado de inverno, postais e adornos de Nadal, ensaiamos con Xairo e as profes unha cancións ben marchosas e fomos á biblioteca a escoitar contos de Nadal cos maiores da escola, os axudantes da Pescadora de Historias. 

Grazas a todos e todas os que fixéchedes que fora posible, ANPA, familias, profesorado e alumnado. 

Felices Festas de parte de todo o alumnado e profesorado de Educación Infantil!



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023