SAMAÍN E MAGOSTO 2022

Coa chegada do outono comeza o tempo de cabazas e castañas, comeza o tempo de celebrar o Samaín e o Magosto. 

Para conmemorar o Samaín decoramos cabazas nas aulas que formaron parte da exposición que houbo na escola o xoves, día 27 de outubro. Cada aula aportou varias cabazas: pantasmas, meigas, vampiros... ata o polo Pepe e os SuperThings quixeron estar na nosa exposición ;-)

Para celebrar o Magosto xuntámonos a merendar no patio cuberto, castañas e zume. Algúns de nós probamos as castañas por primeira vez e non sabían nada mal! Tamén decoramos un cestiño para levar unhas castañas para casa e compartilas con vós, as familias. 

Temos que agradecervos a vosa colaboración, tanto por aportar as cabazas para decorar, as castañas para degustar como polos cartóns de leite ou zume cos que fixemos os cestos. 

O venres como fin de festa fomos disfrazados á escola, así demos por rematada a celebración destas festas que marcan o fin do verán. Agora a polas seguintes!





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023