PROTAGONISTA DA SEMANA: SARAH


   SARAH: UNHA  VIAXEIRA  EN  XAPÓN.

   Sarah veu acompañada dos seus pais, Marcos e Anne, a contarnos moitas cousas sobre a súa viaxe a un país tan lonxano e bonito como é XAPÓN.



   Primeiro, vimos nun mapamundi onde está Galicia e onde está Xapón, para observar a distancia de 10.000 km que existe, contando que tiveron 14 horas de avión Madrid-Tokio.


       Despois, aprendemos varias palabras en xaponés:

   .ARIGATO: grazas. 
   .ARIGATO GOZAIMASU: moitas grazas.
   .KON`NICHIWA: ola.
   .SAYONARA: adeus.


   .   Tamén nos contaron que os restaurantes non son iguais que en España: en Xapón non se pode entrar con zapatos, hai que sentarse en conxíns no chan e debaixo das mesas existe un hoco para poñer as pernas.

   A comida típica de Xapón é o arroz, o pescado, a pasta e as algas. E, ademais, bébese té.
   Nos restaurantes hai comida en plástico para ensinar aos clientes que é o que se vai comer.
   Sarah trouxo unha mostra de comida típica xaponesa e ensinounos algo moi curioso: cómese con PALILLOS.





      Ademais, explicáronnos que en Xapón celébrase a Festa dos Nenos e Nenas, onde ízanse cometas con forma de carpas e poidemos ver os traxes típicos.


      Por último, poidemos disfrutar dun arte milenario xaponés, que é o ORIGAMI: consiste no plegado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas. Tamén chamado papiroflexia.

   


   Sarah repartíu papel a cada compañeiro  e compañeira e poidemos realizar o noso origami: un canciño precioso!!!!!




   
   Gracias Sarah por ensinarnos tantas cousas sobre Xapón!!!
   
   ARIGATO, SARAH!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023