SAÍDA A FUNDACIÓN

O pasado mércores día 24 de abril, os pequenos e pequenas de 4º de Educación Infantil (3 anos), realizaron a súa primeira saída escolar a sede de A Fundación en Ferrol. Non se pode negar que o que más emocionou aos nenos e nenas foi sen dúbida a marcha en bus, aínda que o percorrido fose ben curtiño. 

Xa na fundación, os nenos e nenas realizaron actividades relacionadas coa reciclaxe, puideron observar as fotografías da exposición "Terras de Salitre" realizadas con moito gusto por Cristina Mittermeier, onde aparecian osos polares, perros de neve, focas e ata pingüíns que recordaban moito á mascota da clase, Pepín. 

O tempo pasado na fundación resultou moi ameno e rematou cun taller de pintura e collage dunha foca mariña. 

Sen dubida a primeira saida dos pequenos e pequenas de 3 anos resultou unha experiencia chea de satisfación para todos e todas.










Saúdos!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023