DÍA DO PEÓN 2026
Polo San Martiño... peóns ao camiño! O San Martiño xa chegou e con el unha das conmemoracións máis importantes para o noso colexio: o Día do Peón . Os nenos e nenas da clase de 5 anos traballaron este refrán na aula e fixeron unha composición entre todos. Outras actividades que realizamos, todos os nenos e nenas de infantil, foron: Decorar unha buxaina Aprender/lembrar o nome das partes do peón Visitar a exposición do Museo do Xogo Popular Cantar a bailar a canción "Teño unha buxaina" E, no día da celebración, recibimos a visita de Adolfo , torneiro da Asociación Virutas . Trae todos os materiais e ferramentas para transformar un anaco de madeira nun trompo ou unha buxaina e pasa o día con todos nós. Ademais celebramos no pavillón esta festa, xunto con todos os nenos e nenas da escola. No video veredes o ben que o pasamos!