PROTAGONISTA DA SEMANA: CAROLINA


    CAROLINA: GUSTO POLAS  MANUALIDADES  E  A  PINTURA.

   Carol veu acompañada pola súa nai Paloma para contarnos moitas cousas sobre as creacións que lle encanta facer.

  Primeiro, ensinounos un conto precioso que fixo coa axuda da súa nai titulado: "MI PRIMERA TARTA DE NUECES".




      Despois, poidemos disfrutar de fotos sobre Carolina pintando e de grandes obras artísticas  propias.









   
   Tamén nos ensinou un precioso libro de SCRAPBOOK que realizou coa súa tía. Consiste nun libro de recortes que emprega a técnica de personalizar álbumes de fotografías.
















       A continuación, mostrounos tódolos MATERIAIS que se necesitan para realizar este libro de scrapbook: papeis, rotuladores, sellos, fisos decorativos, perforadoras, tesoiras de formas,...; e saíron varios voluntarios para utilizalos.













       Ademais, ensinounos cales son as cores primarias e secundarias e como é unha paleta de pintor e pintora.


    Por último, Carolina deu un agasallo feito por ela a todos os seus compañeiros e compañeiras.




   Grazas Carolina polas túas creacións!!!

  CAROLINA: EXPERTA EN MANUALIDADES E PINTURA!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023