PROTAGONISTA DA SEMANA: GAEL


        GAEL:  GRAN CONTADOR DE HISTORIAS.

    
   Gael veu acompañado da súa nai Eva e da súa irmá Lila a contarnos a obra teatral: O LOBO E OS 7 CANCIÑOS DA PATRULLA CANINA.

   Primero, explicaron o reparto de personaxes:

   -Gael: bruxa e  canciños.
   -Lila: lobo.
   -Eva: narradora.

   Despois, prepararon a escenificación para empezar a contar a gran historia.


   En Bahía Aventura Ryder tiña un problema, apareceu un lobo xigante que tiña moita fame e quería comer a todos os animais.

   O lobo foi xunto á bruxa Rita para que lle fixera unha pócima para que lle cambiara a súa voz aguda a fina, primeiro, e lle pusera  a súa patita branca, despois. E, así, cando fora á casa dos canciños, pensaran que era Ryder.

   

   Gracias á bruxa, o lobo conseguíu enganar aos 7 canciños e comeunos a todos. A todos, menos un:  a RUBBLE.


   
      Cando chegou Ryder a casa, Rubble saíu do seu escondite e contoulle todo.


    Foron a buscar ao Rei Cardo para atopar unha solución: CONVERTIR AO LOBO EN VEXETARIANO E QUE COMERA TOMATES EN VEZ DE CANCIÑOS!!!!

   A continuación, rescataron da barriga do lobo aos 7 canciños e logo déronlle de comer todos os tomates que quisera.


   
   Así é como viviron felices en Bahía Aventura!!!!

   Por último, Gael deu un regaliño da obra a todos os seus compañeiros e compañeiras.





   GRAZAS GAEL E Á SÚA FAMILIA POR ESTA HISTORIA TAN DIVERTIDA!!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023