PROTAGONISTA DA SEMANA: MARTINA


   MARTINA: UNHA GRAN XOGADORA DE XOGOS DE MESA!!!
   Martina veu acompañada pola súa nai Julia e polo seu irmán Antón a explicarnos cales son os seus xogos de mesa favoritos.

   Trouxeron 5 xogos super divertidos:

   1)  Primeiro, explicaron o XOGO DAS SILLAS, que consiste en facer unha torre e gaña o xogador ou xogadora que coloca todas as cadeiras.

   
   2) Despois, Martina e a súa familia presentaron outro xogo: SPEED COLORS. Cada xogador recibe unha carta e ten que memorizar as cores de cada debuxo. Logo, dalle a volta e, sen volver a xirar a carta, ten que colorear a carta branca coas mesmas cores.




      Os puntos vanse apuntando nunha carta que ten unha serpe debuxada. Gaña o que consiga máis puntos.


   -3) O seguinte xogo é o BATAPUZZLE: Ten 5 puzzles e hai que escoller un. Repártense tódalas cartas e, quen saque o maior número, quédase coas cartas para completar o puzzle.


   -4)  O cuarto xogo chámase BATTIBURRI: Repártense tódalas cartas e o obxectivo é sacar 7 cartas nas que coincida un debuxo. Cando se consigue esto último, tócase o timbre.




   -5) O último super xogo é o RHINO HERO: Consiste en construir casas coas cartas para que o superheroe poida escalar polas paredes.





   Unha vez explicados todos os xogos, sentámonos para poder xogar entre todos e todas.






     E ademais, Martina repartíu aos seus compañeiros un agasallo superchulo: uns AQUABEADS!!!!







   Grazas Martina!!!

  Pasámolo xenial!!!


Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023