MALETA VIAXEIRA IV

Continuamos o percorrido da nosa maleta viaxeira con máis experiencias cheas de ledicia e aprendizaxes compartidos.

Durante estas semanas tivemos varias achegas. 

A primeira foi a de Greta, na súa maleta acercou ao cole dous canciños de peluche que lle gustaban moito, así coma un conto dos Bolechas sobre "Cómo nacemos" que puidemos ler na clase, e un puzzle co que pasa moitos bos momentos co seu irmán Mauro. Pero sen dúbida co que máis desfrutaron todos e todas foi co disfraz de hawaiana, mesmo aprobeitamos para botar uns bailes o estilo HULA típico de Hawai. Moitas gracias a Greta por darnos estos momentos tan únicos!




Lucy tamén nos amosou as cousas que máis lle gustan a través da maleta viaxeira. Nela meteu varios bonecos de animaliños, entre eles dous dinosauros, os cales lle fascinan. A gran sorpresa da maleta foi o rascador da súa perriña Meta, á cal lle gusta moito rascarse e que a peinen, Lucy pasa moito tempo cuidando dela. Sen dúbida a maleta de Lucy viña cargada de moito amor cara aos animais, gracias por compartilo con nos! 



A sorpresa da maleta de Roi gustoúnos a todos e a todas, a súa maleta era completamente temática dos dinosaurios, animales que lle gustan moitísimo. O mellor de todo e que Roi foi quen de explicarlles aos seus compañeiros e compañeiras o nome e características de varios dos dinosaurios máis impresionantes da época. Coas suas palabras trasladou a todos e a todas os seus intereses e gustos por estos fantásticos seres. Moitas gracias Roi!





Iván trouxo a súa maleta cargadiña cargadiña. Nela ocupaban un grande espazo varios xoguetes cos que pasa moi bos momentos e que estamos seguros/as lle reportan moita ledicia. Ademáis de isto Iván mostrounos un conto no que él era o protagonista, que maravilla! E por último, ensinounos unha foto do seu can, e nos contou canto o quería e canto lle gustaba xogar con él. Moitas gracias Iván por tantas cousiñas que compartiches con nos!





Saúdos!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES