SON PROTAGONISTA: MARTÍN
AS MIÑAS VIAXES COA FURGO
Martín invitou á súa nai Cristina e ao seu pai Roberto a clase para contarnos todas as súas viaxes coa FURGO, que é unha casa con rodas e que levan a moitos sitios.
Primeiro, contounos a súa viaxe ao Museo do Xurásico de Asturias, onde veu a moitos dinosaurios, que lle encantan.
Tamén Martín nos contou que foi ás ruinas de Baelo Claudia, en Cádiz.
E lle encanta adornar cabazas e disfrutar do Samaín en Allariz.
Ademáis, estar coa furgo permite estar ao aire libre e disfrutar facendo skate, bucear, xogar cos legos e facer moitos amigos.
Pero, o máis importante, é que permite pasar TEMPO EN FAMILIA!
Martín tamén nos contou que pasa moito tempo cos xoguetes que máis lle gustan:
OS SUPERTHINGS
Ensinounos unha mostra dos que máis lle gustan e explicounos un pouco: os que teñen os ollos brancos son bos e os villanos teñen os ollos amarelos.
O seu favorito é o que lle regalaron os seus compis no seu aniversario: a training tower; pero como é moi grande trouxo a clase o segundo máis favorito: a base de Superthings.
Martín tamén trouxo uns agasallos aos seus compis: unhas pegatinas de Superthings!!!
Moitas grazas Martín, gustounos moito!!!!
Comentarios
Publicar un comentario