SON PROTAGONISTA: MATEO BARBOSA

   VIAXE  A  DINO  PARQUE  DE  LOURINHA

   Como a Mateo lle encantan os dinosarios, ensinounos na clase a súa viaxe ao Dino Parque de Portugal, coa axuda da súa nai Jessica.



    Mateo é un experto en dinosaurios e fixo tamén unha pequena exposición de todos os dinos que ten.



      Mateo seguíu contando que no Parque había dinosaurios temibles e carnívoros, como o Allosaurio, o Carnotosaurio, o T-Rex, o Albertosaurio, o Dilophosaurio, o Ceratosaurio e o Carcarabontosaurio.

    


     Tamén había dinos moooooiiii ráaaapidos, como o Deinonychus, o Ornithomimus e o Utharaptor.



    Outros dinos tiñan o pescozo mooi longo, como o Diplodocus e o Argentinosaurio.



    Ademáis, había dinosaurios mariños, como o Megalodón, o Deinosuchus e o Plesiosaurio, que nos mostrou Mateo.


       E o Mosasaurus, que lle regalaron polo seu aniversario.


       Por último, Mateo mostrounos os dinos herbívoros que veu no Parque, sendo: o Saichania, o Paquicefalosaurio, o Styracosaurio, Triceraptor, Parasaurolophus e o Maiasaura.


    Para rematar, explicounos que os dinosaurios existiron fai millóns de anos, foron descubertos polos paleontólogos a través dos fósiles e falounos sobre a súa extinción.

    

     Ademáis, Mateo repartíu un agasallo para os seus compis da clase.



    Moitas grazas Mateo, gustounos moito!!!!!




    

Comentarios

Entradas populares de este blog

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES