NADAL 2024
No mes de decembro conmemoramos a chegada do Nadal cunha morea de actividades. Por unha banda, temos que poñer o cole ben bonito así que decoramos o corredor cunha árbore realizada entre todos os nenos e nenas de infantil. Ademais contamos coa colaboración das familias para encher o teito de divertidas bolas decoradas con materiais de refugallo, cousas de casa ou obxectos de manualidades.
Cada clase de infantil traballou moito para levar algún detalle de Nadal para casa, así como realizar portadas dos traballos, decorar as bolsas ou mochilas onde levalos... Como podedes ver estivemos moi atarefados!
Coa profe Nani ensaiamos as actuacións do festival e, nas aulas, preparamos algún complemento para levar no escenario.
Disfrutamos dunha saborosa merenda de chocolate con churros grazas ao ANPA da escola e, tamén, houbo nenos e nenas que recibiron un agasallo por participar no concurso de postais convocado tamén pola ANPA. Noraboa a Marcos, Teo Sanjurjo e Nacho :-)
E, coa chegada dos derradeiros días de escola, celebramos o festival de Nadal, no que puidemos ver o ben que cantan e bailan todos o nenos e nenas do cole de Esteiro. Foi moi ameno e emocionante, parabéns Nani polo teu traballo.
Tamén actuamos para as familias, cun pouco de nervios, pero moi contentos de ver aos nosos pais, nais, avós e avoas... Grazas por vir!
No video veredes un pequeno resumo destas semanas na escola, esperamos que o desfrutedes en familia.
Todos os nenos e nenas de infantil, xunto coas súas mestras, desexámovos un feliz 2025. Apertas!
Comentarios
Publicar un comentario