SON PROTAGONISTA: ÁLEX
O MEU DEPORTE FAVORITO: O FÚTBOL
Álex invitou ao seu pai Juanma para contarnos cal é o seu deporte favorito: O FÚTBOL. Deporte do que fala moito na clase e ao que xoga.
Empezou contándonos as REGRAS do fútbol:
- Xógase por equipos
- Os xogadores poden golpear a pelota con todas as partes dos seu corpo, excepto as mans, que só pode o porteiro.
- O obxectivo do fútbol é meter a pelota na portería do equipo contrario. Isto é un GOL.
Álex tamén nos explicou os TIPOS de fútbol que existe: o fútbol sala e o fútbol campo, e as súas diferencias.
O fútbol sala xógase en pista cuberta, as botas non teñen tacos e son 5 xogadores en cada equipo.
Estas son as botas de fútbol sala sen tacos.
Ademáis, Álex falounos da EQUIPACIÓN necesaria para xogar ao fútbol: botas, espinilleras, medias, guantes, camiseta e pantalón.
Unha mostra das casimetas de fútbol que máis lle gustan a Álex.
As espinilleras.
Como o porteiro para un gol cos guantes.
A continuación, falounos da figura do/a ÁRBITRO, que é a persoa que vixía que se cumpran as normas e fai que os partidos sexan divertidos. Pode sacar tarxeta amarela ou vermella.
Álex disfruta moito asistindo coa súa familia ao ESTADIOS de fútbol para ver ao Racing de Ferrol e ao Depor.
Para rematar, Álex fixo o xogo do PASAPALABRA para ver se estivéramos atentos e... acertamos todas as as preguntas!!!!
Queres xogar ti tamén?
- Co A: Como se chama a persoa que vixía para que se cumpran as normas?
- Co B: Que teñen que meter na portería os/as xogadores/as golpeándoo cos pés?
- Co E: Como se chama o campo onde xogan os equipos de fútbol?
- Co G: Como se chama cando o balón se mete na portería?
- Co P: Como se chama cando un/unha xogadora fai unha falta dentro da área?
- Co R: Como se chama o equipo de Ferrol?
- Co S: Que utiliza @ árbitro para pitar as faltas e o final do partido?
- Co T: Que ensina @ árbitro cando un/unha xogadora fai falta?
Ao final, Álex repartíu un agasallo para os seu compis de clase.
Moitas grazas Álex!!! Fixéchelo moi ben!!!!
Comentarios
Publicar un comentario