PROTAGONISTA DA SEMANA: IVÁN
IVÁN: GRAN COÑECEDOR DAS BANDEIRAS E OS SEUS PAÍSES.
Iván veu acompañado pola súa nai Marta para contarnos moitas cousas interesantes sobre continentes, países e bandeiras.
Primeiro, explicaron cales son os CONTINENTES no que se divide a superficie terrestre e mostraron a bandeira de Galicia e a bandeira de Ferrol.
Despois, Iván pedíu axuda para colocar diferentes BANDEIRAS nun mapamundi, agasallo de cumple dos seus compañeiros e compañeiras.
Así é o resultado final con todas as bandeiras, Iván sabíaas todas!!!!
A continuación, fixemos un xogo de ver diferentes ANIMAIS e tiñamos que averiguar de onde eran.
DEMONIO DE TASMANIA: Australia |
KOALA: Australia |
OSO PANDA: China |
OSO PEREZOSO: Centro e Sur de América |
LINCE IBÉRICO: España |
Logo, Iván mostrounos varios INSTRUMENTOS MUSICAIS orixinarios de diferentes países.
DARBUKA: África |
DIDGERIDOO: Australia |
PIANO AFRICANO |
FRAUTA PERUANA |
Iván deixoulles tocar aos seus compañeiros e compañeiras da clase, pero algún instrumento era máis difícil de tocar que outro.
E por último, Iván deu un agasallo feito por el: unha bandeira de cada país.
GRAZAS IVÁN!!!
IVÁN: UN GRAN VIAXEIRO DO MUNDO!!!
Comentarios
Publicar un comentario