PROTAGONISTA DA SEMANA: ALEJANDRO
ALEJANDRO: ESPECIALISTA EN DINOSAURIOS!!!
Alejandro veu acompañado dos seus pais Miguel e Alicia para contarnos moitas cousas interesantes sobre os dinosaurios.
Primeiro, explicounos que os dinosaurios existen fai máis de 200 millóns de anos, cando a Terra estaba unida nun único continente chamado PANGEA.
Os dinosaurios divídense en:
-CARNÍVOROS
-HERBÍVOROS.
Alex repartíu diferentes dinos entre os compañeiros e compañeiras para que os puideran ver.
Tamén explicou que os carnívoros teñen os ollos para adiante para poder atacar; en cambio, os herbívoros teñen os ollos aos lados para ver aos carnívoros cando os atacan.
O crocodrilo é o dinosaurio máis cercano que temos hoxe en día.
Contounos moitas curiosidades do TIRANOSAURIO REX, como que ten máis de 60 grandes dentes e que a súa boca mide casi 1 metro.
Tamén falounos dunha hipótese sobre a extinción dos dinosaurios: a caída dun meteorito na Terra.
A continuación, vimos unhas fotos sobre un parque temático sobre dinosaurios en Madrid chamado JURASSIC WORLD.
Ademais, tivemos varios dinosaurios pola clase gracias á REALIDADE AUMENTADA: escanéase unha foto dun dino e pode verse na tablet.
Coidado Clara, que tes un dinosaurio ao lado!!!!
E xa por último, Alex presentounos a un amiguiño seu: un ROBOT.
É bastante cariñoso, pero se o enfadas, se lle poñen os ollos vermellos.
Tivo que vir Alicia a rescatalo!!!
Moitas gracias Alex!!! Gustounos moito!!!
Comentarios
Publicar un comentario