CONTO XOGAR A PENSAR
CONTO: “AS INCRIBLES AVENTURAS DE BOB E
LUCÍA”
No tempo de “Xogar a Pensar” o alumnado de 5
anos inventou un conto; esta actividade desenvolveuse en varias sesións. O Mago
Gusanito presentou un folio no que aparecían dúas liñas, nesta primeira sesión
analizamos como eran: longas, rectas, negras, … e por moito que se alongasen
nunca se cruzarían; concluímos que se trataba de dúas liñas paralelas.
Na segunda sesión Gusanito propuxo que cada quen convertese esas dúas liñas nalgunha cousa que se lle ocorrese, a única condición que puxo foi que as liñas fosen unha parte do debuxo (en horizontal ou en vertical); así foron aparecendo árbores, pesas, cadros, vías do tren, casas, cataratas, camiños, bonecas, parques, parking...
O terceiro día clasificamos os debuxos en: personaxes, lugares e cousas. A partir desta clasificación inventamos o conto entre todos e todas e buscámoslle un título que lle quedase ben “As incribles aventuras de Bob e Lucía”. Unha vez que estivo montado o texto coas ilustracións, fixemos unha revisión do mesmo mellorando algunhas expresións, engadindo algunha frase e suprimindo outras que consideramos superfluas; este foi o resultado:
Comentarios
Publicar un comentario