PROTAGONISTA DA SEMANA: PABLO
PABLO: PAIXÓN POLOS COCHES HOT WHEELS!!!
Pablo veu acompañado pola súa nai Silvia a contarnos cal é o seu xoguete favorito: os COCHES HOT WHEELS. Son unha marca de coches tanto para nenos, nenas e adultos (coleccionistas).
Pablo veu coa súa CAIXA ESPECIAL, regalo do seu tío, onde garda gran parte dos seus coches.
Mostrounos 3 COLECCIÓNS super chulas:
-Colección antiga
-Colección dourada e prateada
-E colección 50 aniversario
Os seus compañeiros e compañeiras poideron disfrutar tamén destes coches.
Creo que a Asier tamén lle gustaron moito!!!
Ademais, Pablo mostrounos diferentes coches moi peculiares:
- Coche que é unha bola e ao golpear o chan convértese en coche.
-Coche dos Minions
-Coche de Spiderman
-Coche que fai pompas
-Coches de Batman
Por último, Pablo montou unha SUPER-PISTA e poideron disfrutar varios voluntarios.
GRAZAS PABLO, É UNHA COLECCIÓN FANTÁSTICA!!!
PASÁMOLO XENIAL!!!
Comentarios
Publicar un comentario