Entradas

SAÍDA A NAVANTIA

Imagen
     O pasado 30 de abril, os meniños e meniñas de infantil do cole de Esteiro tiveron a oportunidade de visitar o estaleiro da nosa cidade NAVANTIA Ferrol, continuando o proxecto traballado no segundo trimestre relacionado cos barcos.     Temos o estaleiro en fronte do cole e podemos ver os guindastres cegoña ("grúas cigüeña") dende o noso patio todos os días.     Na visita poidemos disfrutar dunha explicación do funcionamento do estaleiro e para que serve, gracias a diferentes profesionais que traballan nel.    Tamén vestimos os EPIS necesarios para ser verdadeiros traballadores de Navantia e, por último, visitamos aos bombeiros que nos ensinaron todo o necesario para apagar un incendio.    Podedes disfrutar de todas actividades realizadas no seguinte vídeo:

OS MAIOS 2025

Imagen
As festas tradicionais sempre teñen un lugar sinalado no calendario, como na primavera, cando festexamos os Maios .  Para decoralo pedimos colaboración ás familias , que aportaron flores e verde para encher de cores o noso maio-buxaina. Nesta tarefa contamos coa colaboración de Eva , a nosa conserxe, e Lola , unha mestra da escola, agora xubilada, xa que adornar o maio non é sinxelo, require de moita paciencia e precisión. Nas aulas tamén aproveitamos para observar as flores , facer actividades manipulativas , debuxos ... e tamén escoitar algunha canción dos maios.  Cando o maio quedou rematado estivo exposto na entrada da escola, esperamos que puidésedes velo porque quedou precioso.  Grazas a todos e todas, en especial a Eva e Lola polo seu esforzo!

DÍA DO LIBRO 2025

Imagen
Polo Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron no xogo de pistas "O Preguntón" , atopando polo colexio, biblioteca e Museo do Xogo Popular sobre de cores que tiñan diferentes preguntas ou probas.  Para participar foi necesario un colgante identificativo , que este curso levaba o número 40, por ser o aniversario da nosa escola.  A Pescadora de Historias preparou cinco probas para resolver por equipos e unha proba final que solucionar en gran grupo. As probas foron as seguintes:  Proba 1: Resolver un quebracabezas duns barcos de cáscara de noz. Proba 2: Buscar un tres en raia polo museo. Proba 3: Atopar os peóns máis grandes do museo. Proba 4: Saber onde están os libros de Bolechas na biblioteca. Proba 5: Atopar os contos de contar na biblioteca. Proba final: Compoñer unha palabra con letras móbiles. A palabra nalgúns casos foi TREN e noutros CASA, xogos que hai no patio e onde estaba agochado o tesouro.  Todos os nenos e nenas levaron o colgante de agas...

SON PROTAGONISTA: AYLÉN

Imagen
     Aylén está hoxe na clase coa súa nai Raquel e co seu pai Moisés para falarnos das MASCOTAS que ten na casa.     Son dous coelliños preciosos, un branco e otro de cor marrón, chamados BLUEY e BINGO . Na foto está Aylén con Bingo cando era unha cría, moi pequeniño. E na foto da esquerda xa están na actualidade, xa creceron un montón.    A continuación, Aylén nos explica que comen 3 veces ao día e 3 comidas diferentes.     No ALMORZO , os coelliños comen unha bandexa de LEITUGA . Gústalles moito!!!     Aylén ensinounos como é cada comida e nola deixa tocar e hulir para que sepamos todo sobre o coidado dos coellos.      Para o XANTAR , comen heno e podemos ver como é.     E xa para a CEA , un pouco de pienso .     Pero ademais, se aínda lles queda un pouco de fame ou se portan ben, se lles pode dar unhas CHUCHES .     Para ir ao baño , os coellos tamén utilizan papel , pero o seu é ...

SON PROTAGONISTA: HERNÁN

Imagen
        Hernán e a súa nai Irene queren contarnos a  súa viaxe á  MONTAÑA DE ASTURIAS.           Foron en coche e tardaron 3 horas e cuarto en chegar ao Pico Gamoniteiro , marcado cunha estrela na foto.           Chegaron á casa de montaña en busca de neve e dunha paisaxe típica nevada.             A Hernán gustoulle moito xogar na neve e fixo un boneco moi chulo.             Ao seu can Nuit tamén disfrutou moito na neve.            A Hernán encantoulle ver nevar e ensinounos como é realmente unha folerpa de neve.             Tamén tiveron tempo de facer algo de turismo e ver árbores centenarios , hórreos típicos de Asturias, en busca das osas Paca e Molina e a cidade de Oviedo .       Disfrutaron moito desta viaxe familiar e, xa de volta, aproveitaron para descansar....

PROXECTO "OS BARCOS"

Imagen
Este trimestre os nenos e nenas de infantil fixemos unha pequena investigación sobre os barcos , a raíz de coñecer a historia do Discoverer Enterprise , o famoso buque que impactou contra a ponte das Pías en Ferrol.  Todas as aulas traballaron na creación dun lapbook con diferentes tarefas, adaptadas ás idades e intereses do alumnado. Algunhas foron as seguintes:  Partes do barco Tipos de barco Accidentes marítimos Bandeiras naúticas Onde se constrúen os barcos As profesións e persoeiros importantes Estas actividades completáronse coa saída para coñecer EXPONAV e a visita do pai de Jorge, o noso compañeiro de 6º de infantil.  En breve coñeceremos como é un estaleiro por dentro, xa que a finais do mes de abril visitaremos Navantia .  Foi moi interesante aproveitar os recursos da nosa contorna, realizando unha aprendizaxe sobre a realidade máis próxima. Agora desde o balancín do patio vemos as grúas desde outra perspectiva ;-) Esperamos que vos guste o video e que est...

SON PROTAGONISTA: LÍA

Imagen
       Lía quere contarnos a súa viaxe de vacacións de verán a unha illa : MENORCA              Veu a clase coa súa nai Vanesa e co seu pai Ramón a contarnos esta viaxe familiar coa súa irmá Sofía e coa súa curmá Carla .             Saíron do aeroporto da Coruña e, para Lía e Sofía, era a primeira vez en subir a un avión. Ía un pouco nerviosa, pero puido pintar e lle tocou ao lado da ventanilla do avión.             Despois chegaron ao hotel, onde sacaron moitas fotos, disfrutaron da piscina, das actividades e dos espectáculos. Camiseta pintada no hotel         Tamén percorreron a illa e visitaron lugares moi bonitos.         Ademais, Lía ensinounos unha foto que lle sacou a súa curmá cunha cámara que imprime.        E para rematar, Lía reparte aos seus compañeiros e compañeiras un agasallo personalizado. ...