PROXECTO "OS BARCOS"
Este trimestre os nenos e nenas de infantil fixemos unha pequena investigación sobre os barcos, a raíz de coñecer a historia do Discoverer Enterprise, o famoso buque que impactou contra a ponte das Pías en Ferrol.
Todas as aulas traballaron na creación dun lapbook con diferentes tarefas, adaptadas ás idades e intereses do alumnado. Algunhas foron as seguintes:
- Partes do barco
- Tipos de barco
- Accidentes marítimos
- Bandeiras naúticas
- Onde se constrúen os barcos
- As profesións e persoeiros importantes
Estas actividades completáronse coa saída para coñecer EXPONAV e a visita do pai de Jorge, o noso compañeiro de 6º de infantil.
En breve coñeceremos como é un estaleiro por dentro, xa que a finais do mes de abril visitaremos Navantia.
Foi moi interesante aproveitar os recursos da nosa contorna, realizando unha aprendizaxe sobre a realidade máis próxima. Agora desde o balancín do patio vemos as grúas desde outra perspectiva ;-)
Esperamos que vos guste o video e que esteades disfrutando do lapbook, gran traballo de todos os nenos e nenas de infantil do cole de Esteiro.
Comentarios
Publicar un comentario