OS MAIOS 2025

As festas tradicionais sempre teñen un lugar sinalado no calendario, como na primavera, cando festexamos os Maios

Para decoralo pedimos colaboración ás familias, que aportaron flores e verde para encher de cores o noso maio-buxaina. Nesta tarefa contamos coa colaboración de Eva, a nosa conserxe, e Lola, unha mestra da escola, agora xubilada, xa que adornar o maio non é sinxelo, require de moita paciencia e precisión.

Nas aulas tamén aproveitamos para observar as flores, facer actividades manipulativas, debuxos... e tamén escoitar algunha canción dos maios. 

Cando o maio quedou rematado estivo exposto na entrada da escola, esperamos que puidésedes velo porque quedou precioso. 

Grazas a todos e todas, en especial a Eva e Lola polo seu esforzo!









Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025