DÍA DO LIBRO 2025

Polo Día do Libro os nenos e nenas de infantil participaron no xogo de pistas "O Preguntón", atopando polo colexio, biblioteca e Museo do Xogo Popular sobre de cores que tiñan diferentes preguntas ou probas. 

Para participar foi necesario un colgante identificativo, que este curso levaba o número 40, por ser o aniversario da nosa escola. 



A Pescadora de Historias preparou cinco probas para resolver por equipos e unha proba final que solucionar en gran grupo. As probas foron as seguintes: 

Proba 1: Resolver un quebracabezas duns barcos de cáscara de noz.

Proba 2: Buscar un tres en raia polo museo.

Proba 3: Atopar os peóns máis grandes do museo.

Proba 4: Saber onde están os libros de Bolechas na biblioteca.

Proba 5: Atopar os contos de contar na biblioteca.

Proba final: Compoñer unha palabra con letras móbiles. A palabra nalgúns casos foi TREN e noutros CASA, xogos que hai no patio e onde estaba agochado o tesouro. 

Todos os nenos e nenas levaron o colgante de agasallo para casa xunto cun lapiceiro cunha goma de borrar con forma de animal

O máis importante é que foi un rato moi divertido, correndo dun lado para outro e demostrando que xa sabemos bastantes cousiñas tanto do Museo do Xogo Popular como da biblioteca dos tesouros. 

Parabéns a todos e todas!





Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025