SON PROTAGONISTA: AYLÉN
Aylén está hoxe na clase coa súa nai Raquel e co seu pai Moisés para falarnos das MASCOTAS que ten na casa.
Son dous coelliños preciosos, un branco e otro de cor marrón, chamados BLUEY e BINGO. Na foto está Aylén con Bingo cando era unha cría, moi pequeniño. E na foto da esquerda xa están na actualidade, xa creceron un montón.
No ALMORZO, os coelliños comen unha bandexa de LEITUGA. Gústalles moito!!!
Aylén ensinounos como é cada comida e nola deixa tocar e hulir para que sepamos todo sobre o coidado dos coellos.
Para o XANTAR, comen heno e podemos ver como é.
E xa para a CEA, un pouco de pienso.
Pero ademais, se aínda lles queda un pouco de fame ou se portan ben, se lles pode dar unhas CHUCHES.
Para ir ao baño, os coellos tamén utilizan papel, pero o seu é un papel diferente ao noso.
Comentarios
Publicar un comentario