Entradas

NADAL 2023

Imagen
     O mes de Decembro está cheo de actividades: Os nenos e nenas elaboraron un AGASALLO  para colgar na súa árbore de Nadal (unha campá, unha bola de neve e unha tarxeta). Prepararon  as PORTADAS  de todos os traballos que realizaron neste primer trimestre. Disfrutaron dunha gran CHOCOLATE CON CHURROS  gracias á ANPA. E celebramos o FESTIVAL    de Nadal con diferentes cancións e bailes.    Podedes ver todas estas actividades no seguinte vídeo:     Esperamos que pasárades unhas felices festas!!!

1º TRIMESTRE NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
O tempo foi pasando e xa levamos tres meses na escola! Pouco a pouco imos estreitando lazos, coñecéndonos e sentíndonos máis cómodos e cómodas no cole.  No blog xa víchedes como participamos en varias celebracións do 1º trimestre: Día da Biblioteca , Samaín , Magosto , Día do Peón ... Faltaba coñecer que sucede dentro da aula, no día a día... Chegou o tempo de compartilo con vós, as familias, así que no  video que tedes a continuación veredes algunhas das actividades que realizamos ao longo destas semanas.  Aproveitade o visionado para falar con nós sobre a escola, preguntarnos e coñecer un pouco máis sobre as nosas experiencias no cole :-)

SAÍDA MUÍÑO DE PEDROSO 2023

Imagen
    O 1 de Decembro realizamos unha saída ao MUÍÑO DE PEDROSO  onde aínda poidemos observar todas as cores do bonito OUTONO: amarelo , laranxa, marrón , vermello ...    Tamén realizamos 2 obradoiros:    - Elaboración de marmelada de kiwi : onde sacamos a pulpa cunha culler, machucamos, botámoslle azucre, remexemos e, xa por último, as monitoras quentaron e meteron en botes para levar.    - Obradoiro de reciclaxe : rasgamos papel de xornal, o mollamos en auga, remexemos, peneiramos e o puxemos en diferentes moldes. Tamén lles botamos unhas poucas sementes e xa temos listo o noso pequeno horto con material de refugallo.     Unha gran experiencia!!!!!     Podedes ver todo neste vídeo. Esperamos que vos guste.  

DÍA DO PEÓN 2023

Imagen
O 11 de novembro conmemórase o Día do Peón que,  para o noso cole, é unha das datas máis especiais do ano. O cole de Esteiro ten unha importante colección de peóns, trompos e buxainas que forman parte do seu Museo do Xogo Popular , así que esta conmemoración é para todos e todas nós un gran día.  Ao longo de varias semanas nas aulas decoramos peóns, coñecimos ou lembramos o nome das súas partes, bailamos a canción "Teño unha buxaina" ...   actividades enmarcadas dentro da celebración deste día.  O venres, día 10, fixemos unha celebración conxunta no pavillón, onde houbo varias actividades:  Demostración en directo da creación dunha buxaina por parte de Adolfo da asociación "Virutas" de Narón. Canción "Teño unha buxaina" interpretada por toda a comunidade educativa. Lectura dun manifesto e refráns populares. Explicación das partes do peón por parte de Gonzalo, mestre de EF. Entrega de diplomas "máster" e "súpermáster" e exhibición dos ma...

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

Imagen
Tempo de Samaín e Magosto , celebracións vencelladas ao cambio de estación, á chegada do outono e de froitos e froitas como as cabazas e as castañas, protagonistas- sen dúbida- destas datas.  O día 30 e 31 de outubro celebramos na escola o Magosto e o Samaín . Houbo   algunha novidade, como a visita dun castañeiro, Carlos. Este recibíunos no patio cuberto, cun carro con forma de locomotora no que asou unhas saborosas castañas. Despois de recollelas voltamos ás clases para encher os cucuruchos e saír de novo, para compartir o Magosto con todos os nenos e nenas de infantil.  Para o Samaín traballamos arreo baleirando e decorando cabazas, aportadas polas familias. Houbo meigas , arañas , monstros e ata uns minions ! Entre todo o alumnado conseguimos facer unha exposición ben terrorífica e colorida, con cabazas de moitos tamaños e formas.  Ademais aqueles que o desexaron puideron acudir disfrazados, dando un ambiente festivo a un día tan especial.  Grazas a todos...

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2023: PEPABLO PATINHO

Imagen
   O DÍA 25 DE OUTUBRO TIVEMOS O PRACER DE TER CON TOD@S NÓS A UN EXALUMNO DO NOSO COLE: AO GRAN   PEPABLO PATINHO .    CO GALLO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES , O ACTOR E ESCRITOR  EMOCIONOUSE DE VOLTAR  AO SEU QUERIDO COLE DE ESTEIRO E REMEMORAR  A SÚA INFANCIA.    PEPABLO CONVIDOUNOS A UTILIZAR A NOSA IMAXINACIÓ N E FALOUNOS DA SÚA MARABILLOSA OBRA EN POESÍA "LÚA" .    GRAZAS PEPABLO PATINHO POR ESTE DÍA  TAN DIVERTIDO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. ESPERAMOS QUE O TEU COLE ESTÉ IGUAL OU MILLOR DO QUE O RECORDABAS.     A NOSA RAPAZADA  AGRADÉCETE ESTE GRAN MOMENTO!!!!    PODEDES VER A SÚA VISITA NO SEGUINTE VÍDEO:  

A VENDIMA 4 ANOS

Imagen
     A  CLASE  DE 4 ANOS  REALIZOU UNHA ACTIVIDADE PROPIA  DO OUTONO: A  VENDIMA .     NESTA  ACTIVIDADE  DEBULLAMOS   OS ACIOS DE UVAS, MACHUCAMOS AS UVAS, PROBAMOS  O  ZUME   E  PINTAMOS COA SÚA PEL , ONDE OBSERVAMOS DIFERENTES TONOS DE MORADO.     DISFRUTAMOS MOITO COA   VENDIMA!!!!!! PODEDES VER A ACTIVIDADE NO SEGUINTE VÍDEO: