Entradas

O PREGUNTÓN

Un ano máis celebramos o Día do Libro na escola co Preguntón . O Preguntón é un concurso no que todo o alumnado da escola contesta unha serie de preguntas relacionadas cos libros, a biblioteca e algunha temática concreta, neste caso referidas ao Museo do Xogo Popular.  Este curso o formato mudou un pouquiño, e plantexouse como xogo de pistas , así que nenos e nenas de infantil tiveron que realizar unha serie de probas na aula, museo e biblioteca da escola. Paso a paso, foron facendo un percorrido pola colexio, atopando pistas, resolvendo adiviñas ou contestando algunha pregunta. En cada clase houbo 5 grupos, asociados a cinco cores por medio duns colgantes cun peón, que despois os peques puideron levar para casa. As pistas estaban en sobres de cores, se atopaban un sobre vermello contestaba o grupo que tiña o colgante desa cor,  e así sucesivamente ata atopar o resto dos sobres: amarelo , verde , laranxa e azul . Esta actividade está incluída na liña de traballo de din...

VISITA AO MUSEO DO HUMOR "XAQUÍN MARÍN"

Imagen
A finais do 2º trimestre todos os nenos e nenas de infantil fixeron unha visita ao Museo do Humor "Xaquín Marín" , situado no Concello de Fene. Se premedes na imaxe poderedes ver información sobre este interesante museo, único en Galicia. Á nosa chegada, recibiunos Almudena , coordinadora do museo, que fixo de guía por todas as salas. Despois dun ratiño de risas nos "espellos deformantes" pasamos ao museo, onde ademais de viñetas e ilustracións, hai estatuas, libros, cómics... Hai pouco que o museo mudou o seu nome chamándose "Xaquín Marín" en homenaxe ao seu creador. Tamén teñen unha mascota, a Curuxa , e hai uns premios co seu nome, que se celebran todos os anos. Tamen vimos un espazo dedicado a caricaturas, visitamos a sala do humor negro, onde a nosa roupa branca comezou a brilar... Despois fixemos un pequeno descanso no parque que hai detrás do museo e, coas pilas cargadas de novo, visitamos a Biblioteca Municipal de Fene , ubicada no mesmo edificio...

ACTIVIDADES 2º TRIMESTRE 3 ANOS

Imagen
    XA REMATOU O 2º TRIMESTRE E TAMÉN ESTIVO CARGADO DUNHA MOREA DE APRENDIZAXES, ILUSIÓNS E  ACTIVIDADES COMO: O DÍA DA PAZ , O ENTROIDO , O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO ; O 8M , POÑENDO Á NOSA AULA O NOME DE REBECA ATENCIA , FERROLANA ILUSTRE ADICADA AO COIDADO DOS CHIMPANCÉS CON JANE GOODALL, NO CONGO; REALIZAMOS A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN AO MUSEO DO HUMOR DE FENE E Á SÚA BIBLIOTECA MUNICIPAL; O DÍA DA INTERCULTURALIDADE , ONDE COÑECIMOS MOITAS COUSAS SOBRE BRASIL ; E REMATAMOS O PROXECTO DOS XOGOS POPULARES , ONDE XOGAMOS Á M A R I O L A , COAS CANICAS E CO BOLICHE .    PASÁMOLO XENIAL!!!!!    PODEDES VER TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO. ESPERO QUE VOS GUSTE MOITO ;)  

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O día 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía cunha actividade proposta polo Equipo de Dinamización de Lingua Galega, na que participamos todos os nenos e nenas do cole.  Trátase dunha intervención poética nas escaleiras do colexio,  que conducen ao primeiro andar. A proposta foi decorar varios versos de dous poemas  moi coñecidos  de Rosalía de Castro : "Adiós ríos, adiós fontes" e "Campanas de Bastabales" .  Cada aula decorou catro versos do poema, de xeito libre, creando así un poema de distintas cores e tipografías. O resultado, como vedes nas fotos, é moi bonito, dándolle moita luz e cor ás escaleiras.  Nas aulas de infantil investigamos sobre a vida e obra de Rosalía , limos algúns poemas, ordenamos os versos...   Por sorte Rosalía é infinita e, todos os anos, o EDLG ten propostas tan chulas como esta para que sempre celebremos o Día de Rosalía.  Xa para rematar, se premedes na imaxe veredes un video-conto de "Os Bolechas" sobre ...

ENTROIDO 2023

Imagen
Este ano o Entroido ten unha temática moi especial para o noso cole: os xogos populares. Na escola estamos inmersos nun proxecto de revitalización do noso Museo do Xogo Popular , así que o eixo dinamizador foi disfrazarnos como nenos e nenas doutro tempo empregando diferentes xogos populares. A elección dos xogos correspóndese co calendario escolar elaborado para o 2023, que podedes visualizar e descargar no seguinte enlace:  http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1135 Cada aula escolleu un cadro para representar graficamente, ben debuxando, empregando o collage ou calquera outro tipo de expresión plástica. E, para o Entroido, o disfrace estivo relacionado co cadro traballado en cada clase. A continuación tedes os debuxos do calendario das aulas de infantil: 3 ANOS-  "Rayuela" de Luisa Fuster Vercher 4 ANOS-  "Muchachos jugando al boliche" de José del Castillo 5 ANOS-" Niños jugando con bolas" de Antonio López Torres Nestas semanas realizamos v...

DÍA DA PAZ 2023

Imagen
O Día da Paz chegou e este ano o noso cole quixo dedicarllo a Ucraína , país en guerra desde hai practicamente un ano.  Nas aulas de infantil tratouse este tema para que nenos e nenas expresasen os seus desexos de paz e non violencia, que despois escribiron nuns possit. Con todos os possit configurouse unha gran bandeira de Ucraína que decora o espazo de usos múltiples.  Nese mesmo lugar, o día 30, xuntámonos todos os nenos e nenas da escola xunto con profesorado para compartir os nosos bos desexos para este país e todos aqueles lugares onde haxa algún conflito armado.  Ademais fixemos unha pequena bandeira que levamos para casa como recordo deste día.  A Pescadora de historias tampouco se olvidou desta conmemoración e trouxo para cada clase unha caixiña con contos sobre paz, convivencia, respecto...  No seguinte video veredes parte das actividades que realizamos. Esperamos que vos guste!

ACTIVIDADES 1º TRIMESTRE 3 ANOS

   Xa rematado o 1º trimestre, só queda recordar tódalas actividades nas que participamos tan activamente e con tanto entusiasmo e interés, como o Samaín e o Magosto , o Día do Peón , o mes da ciencia en galego , o 25 N , os traballos realizados na clase como a inicial do noso nome e o libro da canción do tan querido "O POLO PEPE" e todas a actividades do Nadal . Todo isto e moito máis podedes disfrutalo no seguinte vídeo:   FELICES  FESTAS  E  FELIZ  ANINOVO!!!!