SON PROTAGONISTA: LAURA

    Laura  veu acompañada a clase coa súa nai Uxía e co seu pai Rafa para contarnos unha viaxe inolvidable que fixeron ao:

        PARQUE WARNER e ao PARQUE EUROPA, de Madrid.

    Para elo foron en avión dende A Coruña.


        Chegaron ao Parque Warner, que está a 25 km de Madrid, en San Martín de la Vega. Está baseado en personaxes e películas da Warner Bros e hai atraccións para todas as idades.

      Aquí podemos ver o ser mapa.


       Despois, Laura  ensinounos algunha atracción na que montou e un espectáculo de Supermán.


    O que máis lle gustou do Parque foi o Cartoon Village, na que visitou a Casa da Avoíña e a Casa de Bugs Bunny.


 


    
        Ao día seguinte, Laura e a súa familia foi ao PARQUE  EUROPA, onde visitaron a Fontana de Trevi de Roma, a Ponte de Londres, deu un paseo en barca, a Torre Eiffel de París, Molinos Holandeses...








    Laura tamén nos puso a proba para saber  se somos tan expertos como ela nos Looney Tunes. Queres participar?

  1. Quen di: "Que hay de nuevo viejo?
  2. Quen di: Mip, Mip?
  3. Quen da voltas sen parar como un furacán?
  4. Quen di: Me pareció ver un lindo gatito.
  5. Quen fala coa z e di dezpreciable?
  6. Quen quere atrapar ao Correcaminos?
  7. Quen quere atrapar ao Piolín?
  8. Quen di "Eso es to... eso es todo... eso es todo amigos"?
  9. Quen xoga ao baloncesto e é amiga de Bugs Bunny?
   Seguro que acertaches todas as preguntas 😀


    Ademais, Laura entregou uns debuxos dos Looney Tunes aos seu compañeiros e compañeiras como agasallo.


    Moitas grazas  Laura: unha viaxe inolvidable!!!!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES