DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro, data na que a escola sempre programa algunha actividade en torno a esta senlleira figura das letras. 

O Equipo de Dinamización de Lingua Galega do cole propuxo realizar un programa de radio, así que todos os nenos e nenas da escola puxéronse mans á obra. Ao longo de varias semanas, nenos e nenas de cada ciclo foron coñecendo información sobre a súa vida e obra para despois, dirixidos polo alumnado de 5º e 6º de primaria, gravar un programa en Radio Buxaina. 

O alumnado de infantil aprendeu o poema "Adiós ríos, adiós fontes" para poñer o broche de ouro a un programa moi interesante que podedes escoitar aquí: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1280

Tamén realizaron outras actividades, entre outras, un fermoso marcapáxinas que levaron para casa. 








Comentarios

Entradas populares de este blog

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES

FESTA FIN DE CURSO 5 ANOS 2025