APERTURA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

    Este ano por fin podemos abrir a biblioteca do cole de Esteiro con normalidade, xa que,  según o protocolo covid,  o aforo das bibliotecas escolares será o mesmo que o das bibliotecas públicas.

   Para celebrar tal acontecemento, a PESCADORA DE HISTORIAS convidou a cada nena e neno de infantil e repartíu unha INVITACIÓN para acudir á biblioteca.


    

    Cada clase estaba moi emocionada e sacamos unha foto coa mascota:

   



   Aproveitamos a visita para recordar as normas, ler un conto e realizar a FORMACIÓN DE USUARIOS, para poder así realizar o empréstito de libros a primeira semana de outubro.

   A sección literaria de infantil está dividida por zonas a través dunha serie de magos con diferentes cores, asignándolle a cada cor un tipo de libros, como podemos ver no seguinte enlace:



   GRAZAS  PESCADORA  DE  HISTORIAS!!!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023