SAMAÍN E MAGOSTO 2021
Rematando o mes de outubro é tempo de conmemorar dous momentos moi especiais: O Samaín e o Magosto.
Para festexar o Samaín decoramos varias cabazas por aula, aportadas polas familias de varios nenos e nenas, con diferentes técnicas e materiais.
O Equipo de Dinamización de Lingua Galega solicitou a nosa colaboración para crear uns debuxos sobre o medo, así que tamén estivemos atarefados pensando, debuxando e decorando monstros e zombies.
Os días 28 e 29 visitamos a exposición de cabazas e debuxos, que quedou terroríficamente xenial!
O venres, fixemos unha merenda con produtos típicos de outono para celebrar o Magosto. Ademais puidemos vir disfrazados, así que o ambiente era moi festivo :-)
O outono segue o seu curso e agora toca poñernos a traballar na decoración da exposición de froitos que haberá proximamente. En breve contaremos por aquí o que estamos argallando!
Graciñas a todas as familias, sodes unha parte fundamental para poder celebrar estas datas, grazas a vosa colaboración e aportacións.
No video veredes canto traballamos e o ben que o pasamos :-)
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOhh se cortan las fotos..que penita!
EliminarOla Rocío, penso que agora xa está arranxado o problema. Graciñas por avisar!
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminar