VISITA Á GRANXA BELELLE

Canta ilusión por facer unha excursión con todos os nosos amigos e amigas! Para moitos de nós a primeira saída e non puidemos escoller mellor!

O día 11 de xuño todos os nenos e nenas de infantil visitamos a Granxa Belelleen Neda. Os peques de 3 anos asistiron aos talleres de horto, aves e animais e montar en poni; mentres as clases de 4 e 5 anos fixeron pan, visitaron ás aves e outros animais e, por suposto, deron o seu paseo en poni.

Cada clase estivo dividida en dous grupiños, atendidos por un monitor ou monitora, que foron explicando moitas cousas interesantes sobre os animais: o seu nome, a súa orixe, a súa alimentación...

Puidemos darlles pan ás galiñas, patos, pombas... tamen cenoira ao burriño ou á llama. Na granxa viven animais, non moi comúns pola nosa zona,  como os ñandús ou o dromedario Pipo, que xusto almorzou cando chegamos :-)

O taller de pan e a visita ao horto foron moi interesantes e puidemos levar para casa o que fixemos; pero sen dúbida a actividade de máis éxito foi montar en poni, que divertido!

Encantounos a experiencia e quedará un bonito recordo dun día tan especial na Granxa Belelle. 

Non perdades o video onde veredes que ben o pasamos. Esperamos que vos guste!




Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023