DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021
Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xela Arias, escritora, tradutora, profesora... unha figura que paga a pena coñecer polo seu quefacer arredor da lingua galega.
O Equipo de
Dinamización de Lingua Galega propuxo aos nenos e nenas do cole facer un libro
con palabras en galego. Puxémonos mans á obra e comezamos a pensar, buscar en
libros e incluso empregar o dicionario ;-)
Saíron unhas palabras ben fermosas e, xunto coas dos compañeiros e compañeiras de 1º a 3º de
primaria, conformaron un libro para a biblioteca da escola, que podedes ver en
formato dixital no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipesteiro/node/1040
Para coñecer
a vida e obra de Xela empregamos algúns dos libros que mercou a Pescadora de
Historias, como este de Bolechas:
Tamén
miramos, na rede, diferentes recursos nas seguintes webs:
https://primaveradasletras.gal/
http://www.seminariogalan.org/
No vídeo veredes todo o que traballamos as clases de 3, 4 e 5 anos. Esperamos que vos guste! Bicos!
Comentarios
Publicar un comentario