O OUTONO XA CHEGOU
Chegou o outono e aproveitamos que as folliñas caen para decoralas e facer un mural entre todos os peques de infantil. Ademais o Equipo de Dinamización de Lingua Galega propuxo crear animais con follas para decorar a exposición de froitos, e nós participamos encantados!
Na presentación veredes parte do proceso de decoración e creación nas tres aulas de infantil. O resultado quedou chulísimo e no proceso aprendimos nomes de árbores, a identificar follas, observar cores, formas e tamaños...
Esperamos que vos guste velo tanto como a nós facelo :-)
Comentarios
Publicar un comentario