SAMAÍN 2020

Este ano celebramos o Samaín decorando unha morea de cabazas nas aulas. Cada clase decidíu cantas cabazas decoraba e como o facía... inda que iamos facer pouquiñas ao final os nenos e nenas de infantil traballamos un montón! Pintamos, picamos, pegamos, cravamos e ao final xurdiron meigas, polos, pantamas, morcegos, tigres, unicornios, lobos, momias, arañas... 

O venres, día 30, foi un día moi especial, visitando a exposición no salón de actos, vendo as cabazas decoradas por todos o alumnado do centro e, despois, disfrutando dunha rica merenda feita con froitos típicos do outono.

Temos que agradecer ás familias a súa colaboración aportando cabazas decoradas e sen decorar, así como de froitos variados e elaboracións cos mesmos. 

Non perdades a terrorífica presentación! Uhhhhhhhhhhh!







Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023