DÍA DA BIBLIOTECA 2020

Comezamos a asomarnos de novo por aquí, neste curso tan diferente... O día 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas e como non é posible compartir unha actividade todos o nenos e nenas da escola, o Equipo de Biblioteca propuxo gravármonos en video recitando algún poema ou refrán

Ao longo da semana, na hora de lectura, proxectamos os videos nas aulas para que todo o alumnado puidera ver ao resto de compañeiros e compañeiras do cole. Gustounos moito velos e pensamos que o fixeron xenial!

Pouco a pouco irán aparecendo no blog da biblioteca. Polo de agora non están todos, pero xa hai algúns de infantil. Se queredes velo premede na imaxe :-)



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023