DÍA DO PEÓN 2020

O día 11 de novembro conmemoramos na escola o Día do Peón. Este ano foi unha celebración nas aulas, onde decoramos o noso propio peón e despois tivemos uns días para poder bailalo e xogar con el na clase. 

Co profe Gonzalo coñecimos e repasamos as súas partes na clase de educación fisica e, ademais, escoitamos a canción da buxaina.

Todos os nenos e nenas de infantil fomos moi contentos co noso peón para casa. Esperamos que sigades practicando e bailándoo así de ben!


Como información complementaria na páxina web da escola tedes un "genially" con información sobre as buxainas moi interesante. Seguro que os maiores o desfrutades!

Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023