O 11 de setembro os peques de 4º de educación infantil comezamos a nosa andaina no cole de Esteiro. Novos espazos, novos compas, novo profesorado, moitas novas experiencias ás que estamos vivindo! Falando de espazos... mirade que bonita é a nosa clase :-) Levamos pouquiño tempo na escola pero xa imos facendo amigos e amigas, aprendendo os seus nomes, creando vínculos afectivos con pequenos e maiores, establecendo rutinas e coñecendo os diferentes espazos da escola: aula, parque, biblioteca... No video veredes unha pequena mostra destas primeiras semanas no cole. Esperamos que vos guste!
O 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas Escolares asisitindo a un teatro de títeres que organizou o ANPA da escola. Visitounos a compañía Mircromina cunha obra titulada "Cousas de Casa". A temática xiraba en torno á igualdade e conciliación, sobre a importancia do reparto das tarefas no fogar e a corresponsabilidade no coidado dos fillos e fillas. O xoves, todo o alumnado de educación infantil acudíu xunto con 1º e 2º de primaria a disfrutar do teatro de títeres e, ao día seguinte, participamos nun taller de igualdade, impartido por Zoila, tamén de títeres Mircromina. Moitas grazas ao ANPA do Ceip de Esteiro por programar e organizar esta actividade para todo o alumnado da escola. Esperamos que vos guste o video que, ao final, inclúe unha pequena información para que saibades algo máis sobre os títeres :-)
Os nenos e nenas de 4º de EI levamos unhas semanas no cole de Esteiro :-) Novos amigos, novas amigas, espazos diferentes... unha morea de novidades nestas primeiras semanas de adaptación á escola. No video veredes parte deste proceso, esperamos que vos guste!
Comentarios
Publicar un comentario