PROTAGONISTA DA SEMANA: DIEGO
DIEGO: UN GRAN EXPERTO EN BANDEIRAS E PAÍSES EUROPEOS!!!
Diego veu coa súa nai María José para contarnos que lle chama moito a atención que en outros paíes se fale outros idiomas, que cada país ten algo característico e unha bandeira propia.
Para empezar Diego ensínanos o mapa de Europa.
E chama a varios axudantes para falar de diferentes países: monumento, capital e bandeira de cada un deles.
-Francia: Capital París, monumento Torre Eiffel.
-España: capital Madrid, destacan o Oso e o Madroño.
-Reino Unido: Capital Londres, monumento Big Ben.
-Dinamarca: Capital Copenhague, escultura A Sirenita.
Os países favoritos de Diego son:
-TURQUÍA: porque ten forma de pé.
-e UCRANIA: porque a bandeira ten as súas cores favoritas, azul e amarelo.
Diego deu unha bandeira de agasallo a cada compañeiro e compañeira. Son chulísimas!!!
GRAZAS DIEGO!!! UN GRAN COÑECEDOR DOS PAÍSES EUROPEOS!!!
Comentarios
Publicar un comentario