As profes María, Soraya e Ana damos a benvida aos nenos e nenas do Cole de Esteiro. Empeza un novo curso cheo de ilusións, novos proxectos e novas experiencias e aprendizaxes.
Ola familias!! O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece. Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular! Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo: E para rematar entrega de ORLAS . Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón. MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!! SORAYA
XA CHEGOU A PRIMEIRA FESTA DO OUTONO AO COLE DE ESTEIRO: O SAMAÍN PARA ELO, DISFRUTAMOS DE MOITAS ACTIVIDADES: DECORACIÓN DE CABAZAS PLANTAR SEMENTES DE CABAZA DECORACIÓN DAS AULAS E DAS SÚAS PORTAS DISFRAZARSE EXPOSICIÓN DE CABAZAS TAMÉN TEMOS QUE AGRADECER Á ANPA POLA DECORACIÓN DA ENTRADA E DO CORREDOR DE INFANTIL, QUE QUEDOU ESPECTACULAR E TERRORÍFICO. PODEDES DISFRUTAR DE TODAS AS ACTIVIDADES NO SEGUINTE VÍDEO: PASÁMOLO DE MEDO!!!!!! 💀
Un ano máis o centro celebra o Día do Peón , un xoguete popular de gran arraigo entre a nosa comunidade educativa. As actividades deste ano son as seguintes: Cartel-mosaico coas fotos do alumnado. Decoración dun peón por grupo. Acto colectivo e tirada conxunta. Entrega dos diplomas de Máster e Supermáster de Peóns. Podedes disfrutar destas actividades no seguinte vídeo:
Comentarios
Publicar un comentario