"O OUTONO CHEGOU MARRÓN E AMARELO"
Como di a canción que estamos a aprender na clase de 4 anos:
"O OUTONO CHEGOU,
MARRÓN E AMARELO.
O OUTONO CHEGOU,
E FOLLAS SECAS ESTAMPOU.
O VENTO DE OUTONO
SOPRA E SOPRARÁ.
E CON FOLLAS SECAS
NOS DEIXA XOGAR."
No recanto de plastilina da clase, os nenos e nenas elaboraron o SEÑOR OUTONO con diferentes materiais: un rolo de cartón de papel hixiénico, unha folla de cartolina e un limpiapipas.
Realmente quedou chulíiiiiisimo!!!!
Comentarios
Publicar un comentario