O VOLCÁN DE MARTE

Como xa sabedes este trimestre as nosas aprendizaxes están encamiñadas ao coñecemento de Marte, o noso veciño vermello. 

Os nenos e nenas estánse a converter en verdadeiros expertos e expertas na materia, así, o venres da semana pasada decidimos facer un experimento conxunto para observar como cuns poucos ingredientes podíamos simular a erupción dun volcán. Coma o volcán do Monte Olimpo, que se encontra no planeta vermello. 

Para facer o experimento conxunto utilizamos a maqueta que acercou ao cole Vera, da clase de 4 anos. Ademáis doutra maqueta que nos prestaron os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria. 



Para facer o experimento precisamos da guía de Pepe, da aula de 5 anos, quen foi contando e votando pasiño a pasiño os ingredientes necesarios para poñer en erupción os nosos volcáns. Ao ter dous fixemos diferentes hipótesis sobre o que podía ocurrir, e probamos a ver que pasaba. 





O experimento resoltou todo un éxito, non só porque co coñecemento de Pepe e a maqueta de Vera conseguimos poñer en erupción os volcáns. Senon porque foi un momento de compartir xuntos e xuntas aquelas cousiñas que imos aprendendo este trimestre. 


Saúdos










Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023