LECTURA COMPARTIDA

Unha das actividades que levamos a cabo no centro é a 'lectura compartida' onde os nenos e nenas de primaria preparan un conto de literatura infantil para contálo aos pequenos e pequenas do cole.

Neste caso, os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria prepararon o conto 'A toupiña que quería saber quen lle fixera iso na cabeza' para os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil (3 anos). A verdade e que os nenos e nenas maiores puxeron moita ilusión e esforzo para que todo saira ben, e así foi. Moitas gracias a eles e elas e á sua titora pola experiencia que nos encantou a todos/as!!!






Saúdos






Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023