MALETA VIAXEIRA III

Este trimestre continuamos coa dinámica da maleta viaxeira, esa bolsiña que vai polas casas dos nenos e nenas de 3 e que volve ao cole cheo de diferentes cousiñas que despertan os seus afectos. 


Un dos últimos en traela foi Martín, quen ademais dunhas gafas de soldar, que nos explicou para que servían e os seus compañeiros/as puideron probalas, trouxo un disfraz de bombeiros que mesmo se probou na aula para contarnos que era exactamente o que facían os bombeiros cando os avisaban dunha emerxencia. Os nenos e nenas desfrutaron moito da súa explicación e foi un momento moi divertido. Gracias Martín!



A última foi Daphne, quen na maleta viaxeira meteu un dos seus bonecos preferidos, un perriño pequeno. Tamén trouxo unhas froitas da cociniña que ten na súa casa, na que pasa momentos moi divertidos. Unha das froitas que trouxo Daphne foi un racimo de uvas que nos fixo recordar o día que esmagamos uvas na clase para facer zume. Moitas gracias a Daphne por compartir cos seus compañeiros e compañeiras as cousiñas que lle gustan!






Saúdos





Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023