CREATIVIDADE LEGO NA BIBLIOTECA
No inicio do curso 2019/2020 abriuse un pequeno espazo de Creatividade LEGO na Biblioteca Escolar destinado ao alumnado de Educación Infantil. Con esta iniciativa pretendemos fomentar a creatividade e dinamizar a biblioteca mediante a diversificación da oferta de actividades. Ollade: pequeniño pero xeitoso!
Polas súas reducidas dimensións, as nenas e nenos desfrutan do mesmo por quendas, no momento en que acoden a facer o empréstito semanal; isto non supón ningún impedimento para que se empreguen a fondo nas súas creacións. Aquí vos deixamos unha pequena mostra para que o comprobedes por vos mesmos.
Comentarios
Publicar un comentario