NON É MAXIA, É CIENCIA
Continuando co Mes da Ciencia en Galego, promovido pola biblioteca escolar do noso cole, os nenos e nenas de 4 e 5 anos participaron nuns obradoiros internivelares moi interesantes, onde expuseron diferentes experimentos.
A clase de 5 anos, en relación co seu proxecto do corpo humano, explicaron ao curso de segundo de primaria como funcionan os pulmóns no noso corpo.
E a clase de 4 anos expuseron ao curso de terceiro de primaria como pode inflarse un globo sen tocalo, únicamente cunha botella e unindo dous elementos como son: o vinagre e o bicarbonato de sodio.
PASÁMOLO XENIAL!!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario