A clase de 3 anos xa ten mascota

Os peques de 3 anos tardamos un pouquiño en escoller mascota... pero é que é una decisión moi importante!
Fixemos varias tarefas para decidir que animal sería:
  • Elaboramos un listado de animais favoritos.

  • Escollemos os máis votados e fixemos unha nova votación empregando unha pegatina. Cada neno ou nena a pegou na imaxe do animal que prefería. Este foi o resultado:



ELEFANTE
3
GATA
6
CAN
7
PATO
6
  • Unha vez que sabiamos que a mascota sería un canciño, fixemos un faladoiro para escoller o nome. Ao principio queriamos chamalo "Señor Gato" pero despois decidimos que "Chuli" sería o nome perfecto.

Chuli xa está visitando as nosas casas, será una experiencia xenial! Benvido Chuli!


Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2024: TEATRO DE TÍTERES