Novas propostas na clase de 3 anos
Pouco a pouco pasaron as semanas e xa case
levamos 3 meses xuntos! Qué rápido pasa o tempo verdade? Pois neste tempo
fixemos un montón de cousas interesantes e algunhas delas poderédelas coñecer
no seguinte video.
Tocamos moitos temas: as froitas e plantas, as cores e as súas mesturas, as letras, os
experimentos... e sempre
queda tempo para xogar todos xuntos, saír ao patio, ler contos, que ben
aproveitamos a xornada!
Falando de contos, que nos encantan, unha
das actividades que fixemos xirou en torno ao conto "Pequeno azul, pequeno
amarelo" de
Leo Lionni. Se non o coñecedes paga a pena velo ;-)
Comentarios
Publicar un comentario