Entradas

PROXECTO DO CORPO HUMANO

Imagen
Empezamos o proxecto do corpo humano na clase de 5 anos. Grazas a Estefanía, a nai de Gabriela, que contestou todas as preguntas dos nenos e nenas. Tamén puidemos escoitar o  latexo do seu bebé.                                                                                                Moitas grazas

Primeiros días de cole...

Os peques de 3 anos comezamos a nosa andaina na escola e como veredes estamos moooi contentos e contentas. Na presentación veredes as cousiñas que estivemos a facer as primeiras semanas: xogar, coñecer as dependencias da escola e comezar a compartir momentos como a merenda. Esperamos que vos guste!

TRABALLO COOPERATIVO

Imagen
Este curso na clase de 5 anos fixemos a dinámica de quebracabezas de imaxes dentro do traballo cooperativo. Os nenos e nenas, por parellas, fanse dúas preguntas e despois cóntanlle ao grupo o que lle contestou o seu compañeiro/a.

VOTACIÓN DA MASCOTA

Imagen
Na clase de 4 e 5 anos votamos a mascota. Na clase de 4 anos saíu elixido un oso panda e na clase de 5 anos un golfiño.

MALETÍN PESCADORA DE HISTORIAS

Imagen
    Grazas á Pescadora de Historias da Biblioteca do Cole de Esteiro, xa poidemos estrear os nosos fantásticos MALETÍNS!!!!    Cada semana levaremos a casa un conto da biblioteca, fomentando así o inicio á lectura, o gosto polos libros, o coidado dos memos; adquirindo deste modo bos hábitos lectores.  

"O OUTONO CHEGOU MARRÓN E AMARELO"

Imagen
   Como di a canción que estamos a aprender na clase de 4 anos:     "O OUTONO CHEGOU,       MARRÓN E AMARELO.           O OUTONO CHEGOU,       E FOLLAS SECAS ESTAMPOU.       O VENTO DE OUTONO       SOPRA E SOPRARÁ.       E CON FOLLAS SECAS       NOS DEIXA XOGAR."     No recanto de plastilina da clase,  os nenos e nenas elaboraron o SEÑOR OUTONO con diferentes materiais: un rolo de cartón de papel hixiénico, unha folla de cartolina e un limpiapipas.    Realmente quedou chulíiiiiisimo!!!!

COMEZA UN NOVO CURSO!!!

Imagen
CARIÑOGRAMA     As profes María, Soraya e Ana damos a benvida aos nenos e nenas do Cole de Esteiro. Empeza un novo curso  cheo de ilusións, novos proxectos e novas experiencias e aprendizaxes.