Empezamos o proxecto do corpo humano na clase de 5 anos.
Grazas a Estefanía, a nai de Gabriela, que contestou todas as preguntas dos nenos e nenas.
Tamén puidemos escoitar o latexo do seu bebé.
Ola familias!! O curso e o ciclo de infantil xa chega ao seu fin, pero hai que despedilo como se merece. Para elo, preparamos un baile de fin de curso chamado MAMMA MÍA . Podedes velo no seguinte vídeo. MAMMA MIA de SORAYA Tamén puxemos audio ao CONTO VIAXEIRO elaborado por todo o grupo clase. Quedou espectacular! Ademáis, non podía faltar FOTOS das mestras e mestres, así como dos nenos e nenas durante os 3 cursos de infantil, no seguinte vídeo: E para rematar entrega de ORLAS . Só teño palabras de agradecemento por estos 3 anos e emociónome en pensar que os botarei moito de menos. Espero que deixara unha pegada no seu corazón. MOITA SORTE e a conseguir todos os vosos soños!!! SORAYA
Este ano o cole de Esteiro vestiuse de OFICIOS TRADICIONAIS , algúns en desuso e outros en perigo de desaparición. En infantil os meniños e meniñas disfrazáronse de PASTORES E PASTORAS , sendo as mestras o rabaño de ovellas . Para o disfraz preparamos un elemento fundamental que utilizan os pastores/as no seu día a día, como é o ZURRÓN , cheo de comida: chourizo , pan e queixo . En primaria, optaron por diferentes oficios: Redeiras Cesteiros e cesteiras Zoqueiros/as. Muiñeiros/as Serenos/as Ferreiros/as Como a chuvia imposibilitou o desfile arredor do cole, realizamos o desfile de Entroido no pavillón. Podedes disfrutar de todas as actividades no seguinte vídeo:
Os nenos e nenas de 6º de infantil xuntámonos coas nosas familias para ver un video e recibir e dar algún que outro agasallo. Despois de tres anos xuntos é bonito mirar atrás e ver todas as experiencias e vivencias que compartimos. Moitas grazas a todos e todas por vir e moita sorte neste novo camiño que comezades :-)
Comentarios
Publicar un comentario