APADRIÑAMENTOS LECTORES
O alumnado de 4º. 5º e 6º de primaria estiveron visitando aos peques de infantil tendo como punto de unión a lectura. Deste xeito convertíronse en padriños e madriñas lectoras dos nenos e nenas de infantil.
Para organizar esta actividade primeiro acudiron á biblioteca a coñecerse, ou no caso dos nenos e nenas de 5 anos a reencontrase, cos seus padriños e madriñas. Nesta sesión falaron, leron algún conto, xogaron ou fixeron un debuxo, calquera actividade que servise para conectar e comezar a crear un vínculo cun compañeiro/a da escola, en moitos casos descoñecido.
Despois os maiores acudiron á biblioteca a escoller unha lectura apropiada para os seus afillados e afilladas, en función dos seus gustos e a súa idade.
E, para rematar, esta semana realizamos unhas lecturas ao aire libre, nas que compartimos historias, algo de xogo e un pequeno agasallo. O alumnado de infantil tamén preparou uns debuxos para que os seus padriños e madriñas tivesen un recordo da actividade, seguro que quedaron encantados!
Comentarios
Publicar un comentario