SAÍDA ALDEA NOVA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Hai máis de 1.700 anos...
unha noite de San Xoán, aproveitando que a Moura de Sedes fora saltar a cacharela á casa da súa irmá, a Meiga Dorinda, o Nubeiro do Alto do Coto e a Xacia do Xuvia entraron na súa casa e roubáronlle o angazo co que a Moura todos os días estendía o seu tesouro na eira ao sol, a vasoira coa que todos os días a Moura barría o seu tesouro para que relucira tanto que o seu brillo cegara a todos os que por alí pasaran e o cofre coa chave onde a Moura gardaba con todo o agarimo o seu tesouro.
Hai máis de 1700 anos que a Moura de Sedes abandonou a súa aldea, apenada non tanto polo tesouro roubado como porque llo roubaran os seus propios veciños e veciñas.
Hai máis de 1700 anos que o Trasno Perollo intenta recuperar o tesouro da súa máis prezada amiga, a Moura de Sedes, sen éxito.
AÍNDA QUE CHOVEU UN POUQUIÑO, FIXEMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES MOI DIVERTIDAS E PASAMOS UN DÍA XENIAL!!!
PODEDES VERLAS TODAS NO SEGUINTE VÍDEO:
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Comentarios
Publicar un comentario