A MALETA VIAXEIRA

Na aula de 3 anos de Educación Infantil estamos a realizar unha actividade moi interesante para os nenos e nenas.

A Maleta Viaxeira é unha dinámica que axuda aos pequenos e pequenas a coñecerse entre eles a través dos gustos persoais de cada un/unha. Todos os venres a maleta viaxa a unha das suas casas e á volta, o neno ou nena que a levou enseña aos demais unha serie de obxectos que despertan os seus intereses e achegan ao resto a súa bagaxe emocional.

O pasado venres, o primeiro compañeiro en levar a maleta á casa mostrounos os seus obxectos, que consistían nun coche branco, aínda que todos os coches lle gustan moito, duas fotos facendo patinaxe, unha actividade que disfruta moito aínda que ten os seus riscos, según nos contou. E o libro de "Topito Terremoto" de Anna Llenas, regalo dus familiares,  que todos e todas desfrutamos un montón! Moitas gracias!!







Saúdos



Comentarios

Entradas populares de este blog

PRIMEIROS DÍAS NO COLE DE ESTEIRO

SAMAÍN E MAGOSTO 2023

VISITA Á GRANXA BELELLE 2023